martes, 1 de enero de 2008

SEMENTEIRA



SEMENTEIRA

Sementar sementarei,
loguiño de crarear,
en tanto no pobo medre
un meniño, un vello e un cantar.

Un meniño rebuldeiro
que fale na lingua nai
que suba nos pexegueiros
a fruta verde a roubar.

Un vello que de consellos
un rostro de fume e pan
que conte contos ós nenos
do cuco e do paspallás.

Un cantar de redención
un vello e novo cantar
que toque a desolación
nun limpo e craro alborear.

Logo, deixáime morrer
entre dous regos, queimado,
cando veñan os solpores
dos homes esfamiados.

0 comentarios: